Ir a Contido

Ministerio de Xustiza

Ministerio de Xustiza

Menú principal

Accesibilidade

¿Que é?

A accesibilidade nun portal web significa:

  • Facilitar o acceso das persoas independentemente da súa condición física ou do seu ámbito,
  • Permitir o acceso á información con diferentes dispositivos,
  • Incluír contidos claros e ben estruturados,
  • Mellorar a navegación e a experiencia do usuario.
Normativa

O portal do Ministerio de Xustiza foi deseñado co obxectivo de que todas as persoas poidan navegar polo seu contido sen atopar dificultades no acceso. A política de accesibilidade aplicada polo Ministerio de Xustiza está aliñada coas esixencias do Real decreto 1494/2007, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social".

As páxinas deste sitio web cumpren a marca AA segundo a Norma UNE 139803:2012 e as Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 2.0 do (WCAG 2.0) pola Iniciativa de Accesibilidade Web (WAI) do World Wide Web Consortium (W3C). Todos os requisitos do Nivel A e do Nivel AA foron comprobados e corrixidos mediante unha análise semiautomática da accesibilidade a través de diferentes ferramentas.

Icona que informa que as páxinas deste sitio Web cumpren a marca AA segundo a Norma UNE 139803:2012

Teclas de acceso rápido

Para facilitar a navegación pola web, empregáronse as seguintes teclas de acceso rápido:

  • Tecla s: Ir ao contido principal da páxina
  • Tecla b: Buscador do portal
  • Tecla 1: Páxina principal
  • Tecla 2: Aviso legal
  • Tecla 3: Mapa web
  • Tecla 4: Guía de navegación
  • Tecla 5: Canais
  • Tecla 6: Enlaces de interese
  • Tecla 7: Accesibilidade
  • Tecla 8: Contacto

Para facer uso destas teclas de acceso nos principais navegadores gráficos, utilice as seguintes combinacións de teclas:

  • Internet Explorer: Alt + tecla + Intro
  • Firefox : Alt + Maiúsculas + tecla
  • Chrome: Alt + tecla
  • Opera: Mayúsculas + Esc + tecla
Cambiar o tamaño e cor do texto

Esta web está deseñada para permitir cambiar o tamaño, a cor do texto e o fondo da páxina, todo iso mediante as opcións de configuración estándar dos navegadores.

Para cambiar o tamaño de letra do texto nos principais navegadores, utilice os seguintes menús:

  • Internet Explorer: Ver > Tamaño do texto
  • Mozilla e Firefox: Ver > Tamaño do texto
  • Opera: Ver > Zoom
  • Safari: Ver > Facer o texto máis grande
  • Chrome: Controla a páxina actual > Tamaño do texto
Optimización

Este portal está optimizado para os navegadores Explorer 7, 8, 9, 10 e 11, Firefox e Chrome. A resolución mínima recomendada é de 1024x1280.

Contacto e suxestións

Invitámoslle a axudarnos coas súas suxestións a facer deste portal un lugar cada vez máis accesible. Por favor, se observa algún erro ou quere facernos algunha suxestión sobre a accesibilidade e/ou estándares utilizados neste sitio, pode comunicárnolo a través do noso formulario de contacto.

Nota: A declaración de conformidade inclúe sitios que están baixo o dominio www.mjusticia.gob.es excluíndo as páxinas que teñen enlaces externos e contido que está embutido neste sitio, pero doutros servidores.

Accesibilidade Data da última revisión: 18 de Abril de 2016