Ir a Contido

Ministerio de Xustiza

Ministerio de Xustiza

Menú principal

Rexistro de Mediadores e Institucións de Mediación

Que é

O Rexistro de Mediadores e Institucións de Mediación ten carácter público e informativo e constitúese como unha base de datos informatizada accesible gratuitamente a través do sitio web do Ministerio de Xustiza, sendo a súa finalidade a de facilitar o acceso dos cidadáns a este medio de solución de controversias a través da publicidade dos mediadores profesionais e as institucións de mediación.

O Rexistro de Mediadores e Institucións de Mediación depende do Ministerio de Xustiza e, fronte ás resolucións do encargado do Rexistro, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o Subsecretario de Xustiza.

O Rexistro de Mediadores e Institucións de Mediación estrutúrase en tres seccións:

  • Sección Primeira: inscrición de mediadores, persoas físicas.
  • Sección Segunda: inscrición de mediadores concursais. Que á súa vez poden ser mediadores persoas físicas e mediadores persoa xurídicas.
  • Sección Terceira: Inscrición de institucións de mediación. Soamente persoas xurídicas.

Quen pode solicitalo/presentaro

A inscrición no Rexistro de Mediadores e Institucións de Mediación é de carácter voluntario salvo para os mediadores concursais, cuxa credencial dos requisitos esixidos e a súa inscrición previa no Rexistro posibilitará a subministración dos seus datos ao Portal do «Boletín Oficial do Estado» para a súa designación nos procedementos para alcanzar un acordo extraxudicial de pagamentos, de acordo co título X da Lei concursal.

MEDIACIÓN:

Enténdese por mediación aquel medio de solución de controversias, calquera que sexa a súa denominación, en que dous ou máis partes intentan voluntariamente alcanzar por si mesmas un acordo coa intervención dun mediador.

MEDIADOR:

Poden ser mediadores as persoas físicas que se achen en pleno exercicio dos seus dereitos civís, sempre que non llelo impida a lexislación á que poidan estar sometidos no exercicio da súa profesión.

As persoas xurídicas que se dediquen á mediación, sexan sociedades profesionais ou calquera outra prevista polo ordenamento xurídico, deberán designar para o seu exercicio unha persoa física que reúna os requisitos previstos na Lei.

REQUISITOS PARA SER MEDIADOR:

O mediador deberá estar en posesión de título oficial universitario ou de formación profesional superior e contar con formación específica para exercer a mediación, que se adquirirá mediante a realización dun ou varios cursos específicos impartidos por institucións debidamente acreditadas, que terán validez para o exercicio da actividade mediadora en calquera parte do territorio nacional.

O mediador deberá subscribir un seguro ou garantía equivalente que cubra a responsabilidade civil derivada da súa actuación nos conflitos en que interveña.

MEDIADOR CONCURSAL:

É aquela persoa física que, por reunir de forma concorrente os requisitos establecidos para ser mediador e os que a Lei concursal esixe no seu artigo 27.1 para ser administrador concursal, pode ser designado como tal por notarios ou rexistradores mercantís nos acordos extraxudiciais de pagamentos a que se refire o Título X da Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal. Tamén poden ser mediadores concursais as persoas xurídicas sempre que actúen na mediación concursal mediante unha persoa física que reúna as anteriores condicións.

INSTITUCIÓN DE MEDIACIÓN:

Teñen a consideración de institucións de mediación as entidades públicas ou privadas, españolas ou estranxeiras, e as corporacións de dereito público que teñan entre os seus fins o impulso da mediación, facilitando o acceso e administración desta, incluída a designación de mediadores, debendo garantir a transparencia na referida designación. Se entre os seus fins figurase tamén a arbitraxe, adoptarán as medidas para asegurar a separación entre ambas as dúas actividades.

A institución de mediación non poderá prestar directamente o servizo de mediación, nin terá máis intervención nesta que a que prevé a Lei.

Prazo

Para a posta en funcionamento do Rexistro de Mediadores e Institucións de Mediación establécense os seguintes prazos:

a) A data para o envío por parte dos centros de formación da información que se indica na alínea 3 do artigo 7 comeza o 1 de marzo de 2014.

b) A data de apertura do Rexistro para a realización de solicitudes de inscrición por parte dos mediadores, os mediadores concursais e as institucións de mediación será o 1 de abril de 2014.

c) A data de inicio da publicidade do Rexistro será o 1 de xuño de 2014.

Como solicitalo/presentaro

  • Acceso a Buscadores de Mediadores e Instituciones de Mediación
Como solicitalo/presentaro