Ir a Contido

Ministerio de Xustiza

Ministerio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de Justicia

Menú principal

Acceso aos documentos do arquivo xeral do Ministerio de Xustiza

Que é

O Arquivo Xeral do Ministerio de Xustiza forma parte do Sistema de Arquivos da Administración Xeral do Estado, regulado polo Real decreto 1708/2011, do 18 de novembro.

Reúne e conserva a documentación xerada polas diferentes oficinas do departamento no exercicio das súas funcións, unha vez finalizada a tramitación administrativa, para poñela ao servizo da propia administración e dos cidadáns.

Fondos documentais

Ademais da documentación administrativa que anualmente é transferida polas oficinas, o Arquivo posúe un bloque de documentación histórica no que destaca a serie de expedientes de concesión de Títulos Nobiliarios.

Quen pode solicitalo/presentaro

Por motivos organizativos, para acceder aos fondos custodiados no Arquivo Xeral do Ministerio de Xustiza deberase presentar un formulario de solicitude (Formulario de solicitude de consulta (PDF. 444 KB)). O acceso á sala de consulta realizarase logo da petición de cita.

O acceso e consulta dos fondos está regulado pola Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo Real decreto 1708/2011, do 18 de novembro, polo que se establece o Sistema Español de Arquivos e se regula o Sistema de Arquivos da Administración Xeral do Estado e dos seus organismos públicos e o seu réxime de acceso e polo resto de normativa referida ao acceso e consulta de documentos.

Para a petición de reprodución de fondos deberase presentar un formulario de solicitude. (Formulario de solicitude de reproducións (PDF. 450 KB))

Información adicional

Pode obter máis información sobre o trámite no Centro de atención á cidadanía do Ministerio de Xustiza.

Para consultas máis específicas, o horario de atención da unidade será de 9:30 ás 14:00 horas de luns a venres.

Teléfonos de contacto: 91 837 22 95 - 902 007 214

Como solicitalo/presentaro

Como solicitalo/presentaro