Ir a Contido

Ministerio de Xustiza

Ministerio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de Justicia

Menú principal

Presencial

Documentación necesaria

Respecto ao cambio de apelidos:

  • Solicitude escrita manifestando a causa que motiva o cambio dirixida ao Ministro de Xustiza ou Director Xeral dos Rexistros e do Notariado.
  • Certificación literal da inscrición de nacemento do afectado polo cambio.
  • Proba (documental, pública ou privada e/ou testifical), para acreditar en cada caso, o uso e coñecemento, a lexitimidade e liña da que proceden os apelidos ou calquera outra circunstancia en que se basee a petición. Para acreditar a lexitimidade do apelido deben achegarse certificacións das inscrición de nacemento dos pais e se fose necesario de ascendentes anteriores. A falta destas, sendo posible, as súas partidas de bautismo.
  • Tratándose de adecuación de apelidos a outras linguas españolas, certificados das Reais Academias das correspondentes linguas oficiais.

Respecto ao cambio da orde nos apelidos:

  • Solicitude dirixida ao Xuíz Encargado do Rexistro Civil que corresponda, achegando certificación do matrimonio dos pais e se non existise, certificación de nacemento destes.
  • Declaración do mutuo acordo dos pais sobre a inversión da orde dos apelidos do fillo.
  • Se o cambio de orde o solicita o fillo maior de idade, debe achegar, xunto coa solicitude, o certificado da inscrición do seu nacemento.

Respecto ao cambio de nome:

  • Solicitude dirixida, segundo os casos, ao Rexistro Civil ou ao Ministro de Xustiza ou Director Xeral dos Rexistros e do Notariado. Ao Rexistro Civil, convén dirixila cando se trate de cambiar o nome inscrito polo que se usa habitualmente.
  • Certificación literal da inscrición de nacemento do afectado polo cambio.
  • Proba documental que acredite, no seu caso, o uso habitual do nome que se propón ou calquera outra circunstancia en que se basee a petición.
  • En xeral, xa que hai varios supostos, convén achegar partidas de bautismo, facer proposta de testemuñas, así como, os correspondentes certificados das Reais Academias das respectivas linguas oficiais españolas para o suposto de substitución do nome propio polo seu equivalente onomástico nestas linguas.

Onde presentala

No Rexistro Civil do domicilio do interesado.

Outras formas de solicitalo
Información relacionada