Ir a Contido

Ministerio de Xustiza

Ministerio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de Justicia

Menú principal

Certificado de Actos de Última Vontade

Que é

O certificado de últimas vontades é o documento que acredita se unha persoa outorgou testamento/s e ante que Notario/s. Desta forma, os herdeiros poderán dirixirse ao Notario autorizante do último testamento e obter unha copia (autorizada) do mesmo. Este documento precísase para a realización de calquera acto sucesorio.

Documentación e requisitos necesarios

NOTA: A información que se describe nesta alínea só lle afecta se vai realizar a súa solicitude de forma presencial ou por correo postal. Se conta con certificado electrónico de usuario, pode optar pola tramitación electrónica da súa solicitude; para isto, é preciso que acceda á Sede electrónica do Ministerio de Xustiza

SOLICITUDE.- Efectuarase obrigatoriamente a través do Modelo 790, que se pode descargar nesta páxina ou obter de forma gratuíta nos seguintes lugares:

A solicitude non poderá presentarse ata transcorridos 15 días hábiles a partir da data do falecemento.

DOCUMENTACIÓN.-

  • Certificado Literal de Defunción, que haberá de ser orixinal ou fotocopia compulsada, expedido polo Rexistro civil correspondente á localidade en que a persoa falecese, e no que deberá constar necesariamente o nome dos país do falecido.

IMPORTANTE: SE A DATA DO FALECEMENTO É POSTERIOR AO 2 DE ABRIL DE 2009 E A DEFUNCIÓN NON ESTÁ INSCRITA NUN XULGADO DE PAZ NON É NECESARIO PRESENTAR O CERTIFICADO DE DEFUNCIÓN. Neste caso é imprescindible consignar o DNI/NIE do falecido na solicitude (se carece de NIE, o número de pasaporte ou, no caso de non o ter, o número doutro documento de identidade do seu país de orixe).

ABOAMENTO DA TAXA. - Xustificación de ter pagada a a taxa, que se poderá acreditar por medio de calquera das seguintes opcións

  • Pagamento a través de sistemas de banca electrónica:

    Se dispón de conta aberta para operar en calquera das entidades financeiras colaboradoras coa Axencia Tributaria, pode realizar o pagamento a través dos seus servizos electrónicos.

    Para iso, en primeiro lugar debe descargar o modelo 790 deste portal e incluír o seu número de xustificante no apartado "Taxas Administrativas 790" do seu sistema de banca electrónica e, de existir a opción, "Código 006 Taxas Administrativas Ministerio de Xustiza".

    Para a expedición do certificado, deberá presentar no portelo ou remitir por correo, o comprobante de pago, onde debe figurar o NRC que lle facilita o sistema de banca electrónica xunto coa folla "Exemplar para a Administración" do modelo 790.

  • Outras formas de pagamento:
    • En España.
      • Pode acudir co impreso 790 cuberto a unha entidade financeira colaboradora coa Axencia Tributaria (practicamente todas) para efectuar a liquidación. O pago acreditarase coa validación mecánica ou sinatura autorizada da entidade financeira na copia "Exemplar para a Administración" do impreso 790, que haberá de presentar no portelo ou remitir por correo para a expedición do certificado.
    • Desde o estranxeiro.
      • Pode acudir co impreso 790 subscrito a unha entidade financeira española colaboradora coa Axencia Tributaria que teña sucursal no país desde onde solicita o certificado. O pagamento acreditarase por medio da validación mecánica ou sinatura autorizada da entidade financeira na copia "exemplar para a Administración" do impreso 790, que haberá de remitir.
      • Tamén pode ingresar o importe da taxa mediante transferencia bancaria, sempre que esta proveña de contas abertas en bancos situados fóra do territorio nacional. Para efectuar a transferencia utilizarase o IBAN ou Código Internacional da conta de ingresos restrinxida do Ministerio de Xustiza, cuxos datos se indican a continuación, e remitirá o orixinal do xustificante  logo de realizar o pago, xunto co "exemplar para a Administración" do impreso 790
        • ENTIDADE: BBVA
        • TITULAR DA CONTA: Ministerio de Xustiza - Conta Restrinxida Recadación Taxas Estranxeiro
        • NIF DO TITULAR DA CONTA: S-2813610-I
        • IBAN ou Código Internacional de Conta Bancaria: IBAN ES62 0182 2370 4202 0800 0060
        • Código de Identificación Bancario (BIC) do BBVA: BBVAESMMXXX

PREZO DA TAXA:  3,78 €

IMPORTANTE: deberá poñerse especial coidado en liquidar correctamente o importe da taxa, porque se se fixese por contía errónea a entidade financeira non pode devolver esta e, en caso de solicitar o seu reintegro, o interesado deberá iniciar un expediente de devolución de ingresos indebidos.

Quen pode solicitalo/presentaro

Pode solicitalo calquera persoa, sempre que presente os documentos requiridos ou, no caso de solicitude electrónica, estean dispoñibles telematicamente os datos de defunción necesarios.

Prazo

O prazo de emisión destes certificados é de 10 días hábiles desde a súa recepción en caso de solicitude por correo postal; este prazo redúcese á metade no caso de solicitude telemática.

Por incremento na demanda do servizo, a expedición de certificados pode sufrir ocasionais demoras.

Información adicional

IMPORTANTE: CANDO O CERTIFICADO DE ACTOS DE ÚLTIMA VONTADE DEBE PRODUCIR EFECTOS NO ESTRANXEIRO, NECESITA SER LEGALIZADO. NON SE ESQUEZA DE INDICAR ISTO CANDO O SOLICITE ONDE LLO EXPIDAN. Legalización única ou Apostila da Haia

Como solicitalo/presentaro

Como solicitalo/presentaro