Ir a Contido

Ministerio de Xustiza

Ministerio de JusticiaMinisterio de Justiciaparemos el virus

Menú principal

ID: 1214483963297
Atención ao cidadán - COVID-19

A situación xerada pola evolución do coronavirus obrigou a adoptar ata novo aviso as seguintes medidas extraordinarias:

 

  • Só se expedirán certificados de antecedentes penais, sexuais, últimas vontades e seguros de vida a través da sede electrónica do Ministerio. Nunca de modo presencial, téñase ou non cita previa.
  • O rexistro de documentos deberá realizarse a través da sede electrónica do Ministerio. Nunca de modo presencial.
  • As Xerencias Territoriais do Ministerio de Xustiza atenderán presencialmente a partir da Fase II da desescalada o trámite de Apostila da Haia mediante sistemas de cita previa (telefónica, correo electrónico ou a través do sistema web naquelas Xerencias que o teñan implantado).
  • O resto dos trámites (tanto Rexistro como expedición de certificados de delitos de natureza sexual, antecedentes penais, últimas vontades e contratos de seguros de cobertura de falecemento) seguirase atendendo por vía telemática ou, no caso de non ser posible, por vía postal ou a través do Sistema Integrado de Rexistros.
  • A expedición de certificados e o rexistro de documentos poderanse realizar en vía presencial a partir da nova normalidade, sempre e cando estean dispoñibles os sistemas de cita previa establecidos para devandito efecto.

 

Pregámoslle desculpen as molestias.

Por correo

Onde presentala

Tamén se pode enviar a súa solicitude por correo ao seguinte enderezo:

Registro General de Actos de Última Voluntad
Ministerio de Justicia
Plaza de Jacinto Benavente, 3
28012 - Madrid.

Formas de recoller o certificado:

Os certificados solicitados por correo serán remitidos polo Rexistro Xeral de Actos de Última Vontade ao enderezo indicado no modelo 790, no apartado “Identificación”.

Canto tempo tarda en expedirse

Cando a solicitude se realiza por correo, o certificado adoita ser emitido nun prazo non superior a 4 días hábiles, dende a data de recepción da solicitude, se ben hai que prever que nalgún momento se precise un tempo maior, que non debería superar en todo caso os 10 días hábiles dende a súa recepción, que é o prazo legal que a Administración ten para a devandita expedición.

Certificados de actos de última vontade solicitados por correo dende o ESTRANXEIRO

As solicitudes dos certificados de actos de última vontade dirixiranse a: Registro General de Actos de Última Voluntad. Ministerio de Xustiza. Plaza de Jacinto Benavente n.º 3. 28012 Madrid, coa documentación seguinte:

  • Certificado de defunción orixinal, expedido polo Rexistro Civil ou organismo análogo en cada país, debidamente legalizado e traducido.
  • O documento que xustifique o aboamento da taxa. Se o pagamento se realiza dende o estranxeiro.
    • Debe acudir co impreso 790 subscrito a unha entidade financeira española colaboradora coa Axencia Tributaria que teña sucursal no país dende onde se solicita o certificado. O pagamento acreditarase coa validación mecánica ou sinatura autorizada da entidade financeira na copia "exemplar para a Administración" do impreso 790 que haberá de remitir.
    • Ou ben, pode ingresar o importe da taxa mediante transferencia bancaria, sempre que a devandita transferencia proveña de cantas abertas en bancos situados fóra do territorio nacional. Para efectuar a transferencia utilizarase o IBAN ou Código Internacional da conta de ingresos restrinxida do Ministerio de Xustiza, cuxos datos se indican a continuación, remitindo o orixinal do xustificante de ter realizado o pagamento, xunto ao "exemplar para a Administración" do impreso 790.

      ENTIDADE: BBVA

      TITULAR DA CONTA: Ministerio de Xustiza - Conta Restrinxida Recadación Taxas Estranxeiro

      NIF DO TITULAR DA CONTA: S-2813610-I

      IBAN ou Código Internacional de Conta Bancaria: IBAN ES62 0182 2370 4202 0800 0060

      Código de Identificación Bancario (BIC) do BBVA: BBVAESMMXXX

Outras formas de solicitalo