Ir a Contido

Ministerio de Xustiza

Ministerio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de Justicia

Menú principal

Certificado de Contratos de Seguros de cobertura de falecemento

Que é

O certificado de contratos de seguros de cobertura de falecemento é o documento que acredita os contratos vixentes nos que figuraba como asegurada a persoa falecida e con que entidade aseguradora. En caso de que a persoa falecida non figurase como asegurada en ningún contrato, tal extremo farase constar expresamente no certificado que se emita.

Os contratos de seguro respecto dos que é posible obter un certificado son os relativos aos seguros de vida con cobertura de falecemento e aos seguros de accidentes nos que se cubra a continxencia da morte do asegurado, xa se trate de pólizas individuais ou colectivas.

Non se expiden certificados respecto de:

  • Os seguros que instrumentan compromisos por pensións das empresas cos traballadores e beneficiarios regulados no Real Decreto 1588/1999, do 19 de outubro.
  • Os seguros nos que, en caso de falecemento do asegurado, coincidan o tomador e o beneficiario.
  • Os contratos subscritos por mutualidades de previsión social que actúen como instrumento de previsión social empresarial, mutualidades de profesionais colexiados e mutualidades cuxo obxecto exclusivo sexa outorgar prestacións ou subsidios de docencia ou educación.

Os datos están dispoñibles no Rexistro de contratos de seguros de cobertura de falecemento durante un prazo de 5 anos dende a data da defunción.

Documentación e requisitos necesarios

NOTA: A información que se describe nesta alínea só lle afecta se vai realizar a súa solicitude de forma presencial ou por correo postal. Se conta con sinatura electrónica pode optar pola tramitación electrónica da súa solicitude; para iso, é preciso que acceda á Sede electrónica do Ministerio de Xustiza.

SOLICITUDE. - Efectuarase obrigatoriamente a través do Modelo 790, que se pode descargar nesta páxina ou obter de forma gratuíta nos seguintes lugares:

A solicitude non poderá presentarse ata transcorridos 15 días hábiles dede a data do falecemento.

DOCUMENTACIÓN.-

  • Certificado Literal de Defunción, que haberá de ser orixinal ou fotocopia compulsada, expedido polo Rexistro civil correspondente á localidade en que a persoa falecese, e no que deberá constar necesariamente o nome dos país do falecido.

IMPORTANTE: SE A DATA DO FALECEMENTO É POSTERIOR AO 2 DE ABRIL DE 2009 E A DEFUNCIÓN NON ESTÁ INSCRITA NUN XULGADO DE PAZ NON É NECESARIO PRESENTAR O CERTIFICADO DE DEFUNCIÓN. Neste caso é imprescindible consignar o DNI/NIE do falecido (se carece de NIE, o número de pasaporte ou, no caso de non o ter, o número doutro documento de identidade do seu país de orixe).

ABOAMENTO DA TAXA. - Xustificación de ter pagada a a taxa, que se poderá acreditar por medio de calquera das seguintes opcións

  • Pagamento a través de sistemas de banca electrónica:
    • Se dispón de conta aberta para operar en calquera das entidades financeiras colaboradoras coa Axencia Tributaria, pode realizar o pagamento a través dos seus servizos electrónicos.

      Para iso, en primeiro lugar debe descargar o modelo 790 deste portal e incluír o seu número de xustificante no apartado "Taxas Administrativas 790" do seu sistema de banca electrónica e, de existir a opción, "Código 006 Taxas Administrativas Ministerio de Xustiza".

      Para a expedición do certificado, deberá presentar no portelo ou remitir por correo, o comprobante de pago, onde debe figurar o NRC que lle facilita o sistema de banca electrónica xunto coa folla "Exemplar para a Administración" do modelo 790.

  • Outras formas de pagamento:
    • En España.
      • Pode acudir co impreso 790 cuberto a unha entidade financeira colaboradora coa Axencia Tributaria (practicamente todas) para efectuar a liquidación. O pago acreditarase coa validación mecánica ou sinatura autorizada da entidade financeira na copia "Exemplar para a Administración" do impreso 790, que haberá de presentar no portelo ou remitir por correo para a expedición do certificado.
    • Desde o estranxeiro.
      • Pode acudir co impreso 790 subscrito a unha entidade financeira española colaboradora coa Axencia Tributaria que teña sucursal no país desde onde solicita o certificado. O pagamento acreditarase por medio da validación mecánica ou sinatura autorizada da entidade financeira na copia "exemplar para a Administración" do impreso 790, que haberá de remitir.
      • Tamén pode ingresar o importe da taxa mediante transferencia bancaria, sempre que esta proveña de contas abertas en bancos situados fóra do territorio nacional. Para efectuar a transferencia utilizarase o IBAN ou Código Internacional da conta de ingresos restrinxida do Ministerio de Xustiza, cuxos datos se indican a continuación, e remitirá o orixinal do xustificante  logo de realizar o pago, xunto co "exemplar para a Administración" do impreso 790
        • ENTIDADE: BBVA
        • TITULAR DA CONTA: Ministerio de Xustiza - Conta Restrinxida Recadación Taxas Estranxeiro
        • NIF DO TITULAR DA CONTA: S-2813610-I
        • IBAN ou Código Internacional de Conta Bancaria: IBAN ES62 0182 2370 4202 0800 0060
        • Código de Identificación Bancario (BIC) do BBVA: BBVAESMMXXX

PREZO DA TAXA:  3,78 €

IMPORTANTE: deberá poñerse especial coidado en liquidar correctamente o importe da taxa, porque se se fixese por contía errónea a entidade financeira non a pode devolver ou compensar e, en caso de solicitar o seu reintegro, o interesado deberá iniciar un expediente de devolución de ingresos indebidos.

Quen pode solicitalo/presentaro

Poderá solicitar o certificado calquera persoa interesada en obter información, sempre que presente os documentos requiridos, ou no caso de solicitude electrónica, estean dispoñibles telematicamente os datos de defunción necesarios.

Prazo

O prazo legal de emisión destes certificados é de 7 dias hábiles desde o seu recepcion en caso de solicitude por correo postal; este prazo redúcese á metade no caso de solicitude telemática. Non obstante as solicitudes telematicas están a emitirse nun prazo de 24 a 48 horas.

Por incremento na demanda do servizo, a expedición de certificados pode sufrir ocasionais demoras.

Información adicional

IMPORTANTE: CANDO O CERTIFICADO DE CONTRATOS DE SEGUROS DE COBERTURA DE FALECEMENTO DEBE PRODUCIR EFECTOS NO ESTRANXEIRO NECESITA SER LEGALIZADO. NON SE ESQUEZA DE INDICAR ISTO CANDO O SOLICITE ONDE LLO EXPIDAN. (Legalización única ou Apostila da Haia)

Exercicio dos dereitos de acceso, rectificación e cancelación do asegurado aos seus propios datos.

O asegurado poderá exercer os dereitos de rectificación e cancelación dos datos do Rexistro que fosen inexactos, incorrectos, inadecuados ou excesivos ante a entidade aseguradora correspondente, na súa condición de responsable do tratamento, achegando a documentación acreditativa da rectificación ou cancelación solicitada. O responsable do tratamento deberá notificar a rectificación ou cancelación efectuada á Dirección Xeral dos Rexistros e o Notariado. Se os interesados pretendesen exercitar o seu dereito ante o propio Rexistro, este facilitaralles os datos identificativos da entidade aseguradora correspondente, co fin de que poidan exercitar o seu dereito ante ela. Nota informativa sobre contrato de seguro de falecemento

Ver listaxe de Entidades aseguradoras

Como solicitalo/presentaro

Como solicitalo/presentaro