Ir a Contido

Ministerio de Xustiza

Ministerio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de Justicia

Menú principal

Por correo

Onde presentala

Pode enviar a súa solicitude por correo ao seguinte enderezo:

Rexistro Xeral de Actos de Última Vontade

Ministerio de Xustiza

Plaza de Jacinto Benavente, 3

28012 - Madrid.

Formas de recoller o certificado:

Os certificados solicitados por correo serán remitidos polo Rexistro Xeral de Actos de Última Vontade ao enderezo indicado no modelo 790, no apartado “Identificación”.

Canto tempo tarda en expedirse

Cando a solicitude se realiza por correo, o certificado emítese nun prazo de 7 días hábiles a contar desde o día seguinte á súa recepción.Por incremento na demanda do servizo, a expedición de certificados pode sufrir ocasionais demoras.

Certificados de contratos de seguros de cobertura de falecemento solicitados por correo dende o ESTRANXEIRO

As solicitudes dos certificados de Contratos de seguros de cobertura de falecemento dirixiranse a: Registro General de Actos de Última Voluntad del Ministerio de Justicia. Plaza de Jacinto Benavente n.º 3, 28012 Madrid, coa documentación seguinte:

  • Certificado de defunción orixinal, expedido polo Rexistro Civil ou organismo análogo en cada país, debidamente legalizado e traducido.
  • O documento que xustifique o aboamento da taxa. Se o pagamento se realiza dende o estranxeiro.
    • Debe acudir co impreso 790 subscrito a unha entidade financeira española colaboradora coa Axencia Tributaria que teña sucursal no país dende onde se solicita o certificado. O pagamento acreditarase coa validación mecánica ou sinatura autorizada da entidade financeira na copia "exemplar para a Administración" do impreso 790 que haberá de remitir.
    • Ou ben, pode ingresar o importe da taxa mediante transferencia bancaria, sempre que a devandita transferencia proveña de cantas abertas en bancos situados fóra do territorio nacional. Para efectuar a transferencia utilizarase o IBAN ou Código Internacional da conta de ingresos restrinxida do Ministerio de Xustiza, cuxos datos se indican a continuación, remitindo o orixinal do xustificante de ter realizado o pagamento, xunto ao "exemplar para a Administración" do impreso 790.

      ENTIDADE: BBVA

      TITULAR DA CONTA: Ministerio de Xustiza - Conta Restrinxida Recadación Taxas Estranxeiro

      NIF DO TITULAR DA CONTA: S-2813610-I

      IBAN ou Código Internacional de Conta Bancaria: IBAN ES62 0182 2370 4202 0800 0060

      Código de Identificación Bancario (BIC) do BBVA: BBVAESMMXXX

Outras formas de solicitalo