Certificado de Fe de Vida e Estado
Que é
O certificado de fe de vida e estado é o documento que acredita que unha persoa está viva, así como o seu estado civil.
A vida, estado de solteiro, viúvo ou divorciado acredítanse pola correspondente fe do Encargado do Rexistro Civil (trala comparecencia do suxeito interesado). A vida acredítase tamén por comparecencia do suxeito ou por acta notarial de presenza, e o estado de solteiro, viúvo ou divorciado, por declaración xurada ou afirmación solemne do propio suxeito ou por acta de notoriedade.
Quen pode solicitalo/presentaro
Pode ser solicitado por calquera cidadán que así o requira.
Como solicitalo/presentaro
Como solicitalo/presentaro
Información relacionada
Normativa
- Lei do Rexistro Civil de 8 de xuño de 1957: artigo 97.
- Regulamento do Rexistro Civil (Decreto de 14 de novembro de 1958, polo que se aproba o Regulamento da Lei do Rexistro Civil): artigos 17 a 35, artigos 363 e 364.
- Orde de 20 de xullo de 1989 sobre determinados modelos de fe de vida e estado e certificacións en extracto e literais das actas do Rexistro.
- Orde de 19 de outubro de 1989,do Ministerio de Xustiza.Rexistros Consulares:data de entrada en vigor da Orde de 20 de xullo de 1989,que aproba varios modelos de fe de vida e estado e de certificacións en extracto,literais de actas.
- Circular de 16 de novembro de 1984, da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado, sobre expedientes de fe de vida e estado.
- De orde internacional: Convenio relativo ao intercambio internacional de informacións en materia de estado civil, feito en Istambul o 4 de setembro de 1958.