Ir a Contido

Ministerio de Xustiza

Ministerio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de Justicia

Menú principal

Contas de Depósitos e Consignacións Xudiciais

Que é

Tanto os depósitos como as consignacións xudiciais son aqueles que se constitúen a disposición dos órganos da Administración de Xustiza no ámbito dos procesos xudiciais.

En concreto, son depósitos xudiciais:

  • Os que se constitúen en cumprimento de garantías, fianzas, caucións ou outros requisitos procesuais establecidos polas leis.
  • Os que se realicen como consecuencia da intervención, aprehensión ou incautación de moeda metálica, billetes de banco, cheques bancarios ou valores realizables, efectuados polas Forzas e Corpos de Seguridade, por Vixilancia Aduaneira ou calquera outro funcionario público, poñéndoos a disposición da autoridade xudicial competente.
  • Calquera ingreso que se realice como consecuencia ou aseguramento do embargo de bens e o das cantidades que se atopasen durante a práctica de dilixencias xudiciais.

Son consignacións xudiciais:

  • Aquelas que se realizan en execución voluntaria ou forzosa de títulos que leven consigo execución.
  • As que se realicen con finalidade liberatoria polo obrigado ao pagamento dunha cantidade, ou noutros supostos legalmente establecidos.

Quen pode solicitalo/presentaro

  • Os cidadáns que, sendo parte dun procedemento xudicial, deban aboar fianzas (por exemplo, para eludir a prisión ou asegurar determinado tipo de responsabilidades), realizar depósitos (para poder recorrer as resolucións xudiciais) ou pagar multas impostas polas autoridades xudiciais.
  • Calquera cidadán que, aínda non sendo parte nun proceso xudicial, queira realizar determinados actos con relevancia procesual, como é participar nunha poxa xudicial.
  • O empresario no suposto de despido improcedente, cando opte pola indemnización en lugar de readmitir ao traballador despedido, e ao obxecto de poñer a disposición deste a indemnización.
  • Aquelas persoas que adebedan unha cantidade a outra, ante a negativa desta a recibir o pagamento.
  • Aquelas persoas ou entidades que reciban unha orde de embargo ou, se é o caso, de retención e posterior posta a disposición por orde dun órgano xudicial.
  • En xeral, calquera persoa que reciba unha comunicación xudicial de poñer a disposición do órgano xudicial unha determinada cantidade.

Como solicitalo/presentaro

Como solicitalo/presentaro