Ir a Contido

Ministerio de Xustiza

Ministerio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de Justicia

Menú principal

Recoñecemento do Título Profesional de Avogado e Procurador que non proveña da Unión Europea ou dos Estados do Espazo Económico Europeo a homologación de títulos estranxeiros e o trámite de dispensa legal de nacionalidade

Que é

A homologación de títulos estranxeiros é un trámite polo cal o interesado obtén o recoñecemento en España da validez oficial, aos efectos académicos, dos títulos obtidos no estranxeiro.

Os non-nacionais dun Estado membro da Unión Europea ou parte do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo que estean interesados en incorporarse a un Colexio de Avogados ou procuradores de España teñen a obriga de proceder en primeiro termo á homologación do título de licenciado en Dereito estranxeiro e, posteriormente, terán a obriga de solicitar un trámite que se denomina a "dispensa legal de nacionalidade".

Visión xeral do trámite para obter a homologación de título estranxeiro

O trámite iníciase mediante a presentación dunha solicitude de homologación, mediante modelo publicado para este efecto, que se debe presentar ante o Ministerio de Educación, debendo axuntarse á mesma a seguinte documentación:

  • Copia autentificada do documento que acredite a identidade e nacionalidade do solicitante. (Nota: Enténdese por copia autentificada aquela cuxa correspondencia co orixinal se acredite por calquera medio válido en Dereito: compulsa da oficina de Rexistro administrativo, compulsa notarial, etc.). No caso de cidadáns españois, copia compulsada do documento nacional de identidade.
  • Certificación orixinal acreditativa da expedición do título cuxa homologación se solicita (non é necesario achegar o título estranxeiro orixinal) e certificación académica orixinal dos estudos realizados para a súa obtención.
  • Acreditación do aboamento da taxa correspondente.
  • Poderase completar a documentación cun currículo académico e científico, así como coa documentación complementaria que o interesado estime oportuna (como por exemplo, programas correspondentes ás materias nos que se reflicta o contido e amplitude con que foron cursadas).

Os documentos expedidos no estranxeiro polas autoridades competentes para iso, deberán ser oficiais, presentarse legalizados por vía diplomática ou, no seu caso, mediante a Apostila do Convenio da Haia (agás no caso de documentos expedidos por autoridades de Estados membros da Unión Europea ou signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo), e deberán ir acompañados, no seu caso, da súa correspondente tradución oficial ao castelán.

Poderase requirir ao solicitante outros documentos que se consideren necesarios para a acreditación da equivalencia entre a formación conducente á obtención do título de licenciado en Dereito estranxeiro achegado, e a que se esixe para a obtención do título español de licenciado en Dereito. Todos os documentos achegados permanecerán no expediente de homologación, como parte integrante do mesmo, unha vez finalizado o procedemento.

O Consello de Coordinación Universitaria é o organismo colexiado competente para emitir ditames sobre a solicitude presentada e estes poden ser de tres clases:

  • Favorable á homologación por tratarse de estudos equivalentes: en cuxo caso se resolve conceder a homologación directa.
  • Favorable á homologación, pero condicionada esta á previa superación dunha proba de conxunto.
  • Desfavorable á homologación, en cuxo caso se resolve denegar a homologación.

Quen pode solicitalo/presentaro

Os non-nacionais dun Estado membro da Unión Europea ou parte do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo que estean interesados en incorporarse a un Colexio de Avogados ou Procuradores de España.

Información adicional

A proba de conxunto

No caso de que as autoridades competentes, unha vez examinada a documentación achegada, consideren que a formación acreditada non ten equivalencia coa que proporciona o título español de licenciado en Dereito, a homologación poderá condicionarse á superación dunha proba de conxunto, de carácter xeral ou específico, sobre aqueles coñecementos básicos da formación española requiridos para a obtención do título.

Neste caso, o contido da proba de conxunto haberá de versar sobre a totalidade das materias nas que se organicen as materias troncais establecidas nos correspondentes plans de estudos. A proba realizarase na universidade pública española que libremente elixa o interesado e que teña implantados os estudos conducentes á obtención do correspondente título español.

Estas probas celebraranse periodicamente, como mínimo dúas veces ao ano, e os programas obxecto da mesma estarán dispoñibles ao comezo do curso académico. Se o interesado non a superase, ou o fixese só parcialmente, poderá completar a total superación da mesma en sucesivas convocatorias na Universidade elixida inicialmente ou noutra Universidade.

A DISPENSA LEGAL DE NACIONALIDADE

O interesado en exercer a profesión de Avogado ou de Procurador en España deberá solicitar a chamada "dispensa legal de nacionalidade". Este trámite iníciase mediante a presentación dun escrito dirixido ao Señor Ministro de Xustiza, indicando o Colexio no que se desexa a incorporación e achegando a seguinte documentación:

  • Solicitude da dispensa legal de nacionalidade (Competencia do Ministerio de Xustiza).
  • Pasaporte ou documento acreditativo da identidade do solicitante (Fotocopia compulsada).
  • Permiso de residencia en España (Fotocopia compulsada).
  • Certificado de homologación do título de licenciado en Dereito (Fotocopia compulsada).

    A homologación de títulos estranxeiros é un trámite polo cal o interesado obtén o recoñecemento en España da validez oficial, aos efectos académicos, dos títulos obtidos no estranxeiro. Este trámite solicitarase ao Ministerio de Educación.

    Os non-nacionais dun Estado membro da Unión Europea ou parte do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo que estean interesados en incorporarse a un Colexio de Avogados ou Procuradores de España teñen a obriga de proceder en primeiro termo á homologación do título estranxeiro.

  • Certificado de carencia de antecedentes penais no país de procedencia, expedido pola autoridade competente (Orixinal).
  • Certificado de carencia de antecedentes penais en España (Orixinal).
  • Certificación que acredite o comportamento profesional, expedido polo órgano reitor da avogacía no país de procedencia (Orixinal).

Para o exercicio da Avogacía ou da Procura, unha vez realizados estes trámites, deberá cumprir coas obrigas establecidas polos distintos Colexios de Avogados ou Procuradores de España.

Para máis información:

  • Ministerio de Xustiza:
    • Oficina Central de Información (Centro de Atención ao Cidadán)
    • Teléfonos da Unidade responsable da tramitación: 902 007 214 - 91 837 22 95.
  • Consello Xeral da Avogacía española .
  • Consello Xeral de Colexios de Procuradores .

Como solicitalo/presentaro

Como solicitalo/presentaro
Normativa
  • Real decreto 1837/2008, do 8 de novembro, relativo ao recoñecemento de acreditacións profesionais, así como a determinados aspectos da profesión de avogados. (BOE do 20 de novembro)
  • Real decreto 1281/2002, do 5 de decembro, polo que se aproba o Estatuto Xeral dos Procuradores dos Tribunais. (BOE do 21 de decembro)
  • Real decreto 658/2001, do 22 de xuño, polo que se aproba o Estatuto Xeral da Avogacía Española.