Ir a Contido

Ministerio de Xustiza

Ministerio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de Justicia

Menú principal

Expedición do Título Profesional de Procurador dos Tribunais

Que é

Título profesional que habilita ao solicitante, licenciado en Dereito por algunha Universidade non pertencente á Unión Europea ou a algún estado do Espazo Económico Europeo, de nacionalidade española ou dalgunha dos países membros da Unión Europea ou dos Estados parte do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, e aos estranxeiros aos que previamente se lles concedese dispensa da nacionalidade, permitindo así a colexiación no noso país e o exercicio profesional en igualdade de condicións.

Como solicitar a expedición do título de Procurador dos Tribunais

Este procedemento iníciase mediante a solicitude do interesado, dirixida ao Ministerio de Xustiza e acompañada da seguinte documentación:

  • Tarxeta de residencia en España para os cidadáns estranxeiros (fotocopia compulsada).
  • Para cidadáns españois, fotocopia compulsada do DNI ou orixinal da partida de nacemento, unicamente no caso de que non autorice a consulta dos seus datos de identidade.
  • No caso de cidadáns estranxeiros non pertencentes á Unión Europea ou ao Espazo Económico Europeo, fotocopia compulsada do requisito de dispensa de nacionalidade.
  • Certificado de carencia de antecedentes penais , sempre que non se autorizase ao Ministerio de Xustiza a súa obtención de forma expresa
  • Títol de llicenciat en dret obtingut a una universitat espanyola

Quen pode solicitalo/presentaro

Os españois e estranxeiros, licenciados en Dereito, que estean interesados en incorporarse a un Colexio de Procuradores dos Tribunais de España e que previamente, no caso dos estranxeiros que non sexan cidadáns dalgún dos Estados da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, obtivesen a dispensa legal de nacionalidade, así como, se é o caso, a correspondente homologación do seu título de licenciado en Dereito.

Información adicional

  • Ministerio de Xustiza:
    • Oficina Central de Información (Centro de Atención ao Cidadán)
    • Teléfono da Unidade responsable da tramitación: 902 007 214 - 91 837 22 95.
  • Consello Xeral de Colexios de Procuradores .
     

Como solicitalo/presentaro

Como solicitalo/presentaro
Normativa
  • Real Decreto 1281/2002, do 5 de decembro, polo que se aproba o Estatuto Xeral dos Procuradores dos Tribunais (BOE do 21 de decembro de 2002).