Ir a Contido

Ministerio de Xustiza

Ministerio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de Justicia

Menú principal

Por correo

Documentación necesaria

  • Certificado médico de defunción.
  • Fotocopia do D.N.I. ou pasaporte do falecido.
  • Impreso oficial de declaración de falecemento por familiar e autorización do funerario.

(O documento en que se fundamenta a inscrición no Rexistro é normalmente o certificado médico de defunción, ou a orde xudicial en caso de procedemento penal de investigación por morte violenta, cando a inscrición se realiza, como é regra ordinaria, antes da inhumación.
Non obstante, para facer a inscrición cando o cadáver teña desaparecido ou se teña inhumado antes da inscrición, será necesaria sentencia firme, expediente gobernativo ou orde da autoridade xudicial que instrúa as dilixencias seguidas por morte violenta, que afirmen sen dúbida algunha o falecemento.)

  • Inscrición de defunción de español ocorrida no estranxeiro no Rexistro Civil Central. Deberase achegar:
    • Certificado de defunción expedido por Rexistro Civil estranxeiro.
    • Certificado literal de nacemento do defunto expedido por Rexistro Civil español.
    • Documentación española coa que se identificaba, se pode presentarse.
    • Acreditación do domicilio do promotor en España.
    • Folla declaratoria de datos.
      Se non puidese presentarse certificado de defunción expedido por un Rexistro estranxeiro será necesaria a tramitación dun expediente gobernativo.
      (Estes documentos están recollidos para os efectos simplemente informativos, podendo, no momento da cualificación, ser requiridos cantos datos oportunos estimase o Maxistrado Xuíz Encargado, a quen corresponde a cualificación rexistral ou ao Secretario do Rexistro na tramitación dos expedientes nos que interviñese.)

Onde presentala

Os cidadáns poderán enviar as solicitudes, escritos e comunicacións a calquera das seguintes direccións:

  • No Rexistro Xeral do Ministerio de Xustiza (Centro de Atención ao Cidadán)
  • En calquera das Xerencias Territoriais do Ministerio de Xustiza.
  • En calquera órgano administrativo da Administración Xeral do Estado ou da Administración das Comunidades Autónomas e nas Deputacións que subscribisen o oportuno convenio.
  • Na sede municipal que lle resulte máis cómoda (se é un dos concellos que xa subscribiron o oportuno convenio: fixérono ata a data máis de 750 Concellos).
     
Outras formas de solicitalo