Ir a Contido

Ministerio de Xustiza

Ministerio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de Justicia

Menú principal

Presencial

Documentación necesaria

  • Matrimonio relixioso:
    • Presentación da certificación eclesiástica que expresará as circunstancias esixidas pola lexislación.
    • NOTA: Para a inscrición no Rexistro Civil de matrimonios islámicos, xudeus ou da Federación de Entidades Relixiosas Evanxélicas de España, será necesario tramitar o expediente previo que conclúe con auto de capacidade matrimonial para os dous últimos casos, sendo conveniente para o primeiro.
    • Unha vez realizado este expediente, o matrimonio deberá celebrarse no prazo máximo de 6 meses dende que se expediu a certificación
  • Matrimonio civil:
    • Matrimonio celebrado ante o Encargado do Rexistro Civil ou Xuíz de Paz: a acta de celebración de matrimonio civil é a propia inscrición que será asinada polo encargado do Rexistro Civil, os dous contraentes, dúas testemuñas e o Secretario.
    • Matrimonio celebrado ante o Alcalde ou Concelleiro en quen este delegue: a acta de matrimonio será remitida ao Rexistro Civil do lugar en que se celebrou o matrimonio, sendo o Rexistro Civil quen realiza a inscrición.
    • Matrimonio celebrado ante Secretario xudicial: farase constar en acta, o que se celebre ante Notario constará en escritura pública. Deberá ser asinada, ademais de por aquel ante o que se celebra, polos contraentes e dúas testemuñas. Estendida a acta ou autorizada a escritura pública, entregarase a cada un da contraentes copia acreditativa da celebración do matrimonio e remitirase polo autorizante, no mesmo día e por medios telemáticos, testemuño ou copia autorizada electrónica do documento ao Rexistro Civil para a súa inscrición, previa cualificación do Encargado do Rexistro Civil.
  • Matrimonios celebrados no estranxeiro cando polo menos un dos contraentes ostente a nacionalidade española ou a adquira con posterioridade á celebración do matrimonio:
    • Inscrición de matrimonio canónico:
      • Presentación da certificación eclesiástica que expresará as circunstancias esixidas pola lexislación.
      • Certificado literal de nacemento do cónxuxe español ou do que se naturalizase, expedido polo Rexistro Civil español.
      • Certificado de nacemento do cónxuxe estranxeiro.
      • Documento Nacional de Identidade do nacionalizado español.
      • Acreditación do domicilio do promotor en España.
      • Folla declaratoria de datos.
    • Inscrición de matrimonio civil:
      • Certificado de matrimonio expedido polo Rexistro Civil local estranxeiro.
      • Certificado literal de nacemento do cónxuxe español ou do que se naturalizase, expedido polo Rexistro Civil español.
      • Certificado de nacemento do cónxuxe estranxeiro.
      • Documento Nacional de Identidade do nacionalizado español.
      • Acreditación do domicilio do promotor en España.
      • Folla declaratoria de datos.
    (Os documentos sinalados no apartado de Matrimonios celebrados no estranxeiro están recollidos para os efectos simplemente informativos, podendo, no momento da cualificación, ser requiridos cantos datos oportunos estimase o Maxistrado Xuíz Encargado, a quen corresponde a cualificación rexistral ou o Secretario do Rexistro na tramitación dos expedientes nos que interviñese. Os documentos estranxeiros deberán estar traducidos e legalizados.)

Onde presentala

No Rexistro Civil onde se celebrase o matrimonio, ou o Rexistro Civil Central no suposto de matrimonio celebrado no estranxeiro cando polo menos un dos contraentes ostente a nacionalidade española ou a adquira con posterioridade á celebración do matrimonio e resida habitualmente en España.

Información relacionada