Ir a Contido

Ministerio de Xustiza

Ministerio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de Justicia

Menú principal

Orde de San Raimundo de Peñafort

Que é

Resumo histórico

En 1944, sendo Ministro de Xustiza Don Eduardo Aunós, publícase no Boletín Oficial do Estado do 7 de febreiro de 1944, o Decreto do 23 de xaneiro dese mesmo ano (festividade de San Raimundo de Peñafort, patrón dos xuristas) polo que se crea a Cruz de San Raimundo de Peñafort para premiar o mérito á Xustiza e recompensar feitos distinguidos ou servizos relevantes, de carácter civil, no campo do Dereito, ponse baixo a advocación do que fóra eximio español e príncipe dos canonistas, San Raimundo de Peñafort.

Créase rememorando as excelsas virtudes dun dominico español benemérito, confesor de reis e papas, cronista insigne, escrutador iluminado das vastas perspectivas do Dereito e da Moral.

Foi o seu sentido universalista, a súa alma misioneira, a súa douta pluma de lexislador e tratadista, o que deixou un rastro imperecedoiro na memoria dos homes e das mulleres vinculados ao servizo do Dereito e das Leis.

Vida do santo

Orixinario de familia nobre, San Raimundo de Peñafort naceu arredor dos anos 1175/1185 no casarío feudal de Peñafort, na bisbarra do Penedès (Barcelona). Pronto demostrou ter unha extraordinaria intelixencia. Aos vinte anos xa era profesor de filosofía en Barcelona e aos trinta doutorouse na prestixiosa Universidade de Bologna (Italia), onde perfeccionou os seus estudos en dereito civil e canónico.

Aos 37 anos ingresa na Orde dos Dominicos, chega a ser Terceiro Mestre Xeral da Orde de Predicadores en 1238.
Morreu en Barcelona, o 6 de xaneiro de 1275.

É o primeiro santo canonizado na actual Basílica vaticana por Clemente VIII, o 29 de abril de 1601. O 14 de xullo de 1648 foi declarado patrón da cidade de Barcelona.

Retrato do santo

Retrato de San Raimundo Peñafort

Quen pode solicitalo/presentaro

Destinatarios

As Cruces outórganse para premiar os servizos prestados e a contribución ao desenvolvemento e perfeccionamento do Dereito e a Xurisprudencia, entre:

  • Funcionarios da Administración de Xustiza.
  • Membros de profesións directamente relacionadas coa Xustiza.
  • Persoas que contribuíran ao desenvolvemento do Dereito, ao estudo dos Sagrados Canons e Escrituras e á obra lexislativa e de organización do Estado.
  • Autores de publicacións de carácter xurídico de relevante importancia.
  • Fundadores e cooperadores de Entidades e Institucións que teñan por finalidade o perfeccionamento da técnica do Dereito e a Xurisprudencia.

Pódense conceder tanto a nacionais como a estranxeiros.

As Medallas premian os anos de servizo, sen nota desfavorable, prestados nas profesións xurídicas e administrativas comprendidas dentro da xurisdición do Ministerio de Xustiza. A súa concesión e o seu uso son compatíbeis co outorgamento de calquera das outras clases desta condecoración.

Reserva normativa. Forma de acreditar o seu outorgamento

O réxime da concesión da Gran Cruz, condecoración de maior rango dentro da Orde, revestirá forma de Real Decreto, que será aprobado polo Consello de Ministros por proposta do Ministro de Xustiza. Publicarase no BOE. O seu número é pechado e o seu outorgamento corresponde a circunstancias e méritos especialísimos.

A concesión do resto de condecoracións farase por Orde Ministerial e publicaranse no Boletín de Información do Ministerio de Xustiza.

Para acreditar o outorgamento da condecoración, expedirase o correspondente título autorizado coa sinatura do Ministro de Xustiza e coa toma de razón da Subsecretaria de Xustiza.

Prazo

Procedemento de concesión

A Chancelaría da Orde de San Raimundo de Peñafort, dependente da subsecretaría de Xustiza a través da División de Dereitos de Graza e Outros Dereitos, inicia o expediente a instancia dos propoñentes e, unha vez analizados os méritos dos candidatos e a súa adecuación ás normas da Chancelaría da Orde, solicítase o "placet" do Ministerio da Presidencia por se existise incompatibilidade legal con outras condecoracións civís outorgadas á mesma persoa.

Instruído así o expediente, sométese á consideración da subsecretaría de Xustiza para a súa tramitación, segundo proceda, como Orde Ministerial ou como Real Decreto (Gran Cruz).

Concederanse, con carácter ordinario, ao redor de dúas datas sinaladas:

  • Aniversario da Proclamación de S.M. O Rei, o 19 de xuño.
  • Aniversario da Constitución Española de 1978, o 6 de decembro.

Concédense tamén con carácter extraordinario cando se produza algún feito relevante ou por circunstancias que así o aconsellen.

Información adicional

Insignias

As insignias correspondentes aos distintos graos desta Orde, axustaranse aos modelos que figuran en Galería (PDF. 1,38 MB).

Clases

Cruces

  • Gran Cruz
  • Cruz de Honra
  • Cruz Distinguida de 1.ª Clase
  • Cruz Distinguida de 2.ª Clase
  • Cruz Sinxela

Medallas

  • Medalla de Ouro do Mérito á Xustiza
  • Medalla de Prata do Mérito á Xustiza
  • Medalla de Bronce do Mérito á Xustiza
Normativa
  • Decreto do 23 de xaneiro de 1944 (BOE 7.2.44), polo que se crea a Orde de San Raimundo de Peñafort.
  • Decreto do 9 de xaneiro de 1950 (BOE 21.1.50), polo que se modifican algunhas normas reguladoras da Orde (a Cruz Meritísima foi substituída pola Gran Cruz e respecto ás Cruz distinguida, introducíronse a de 1.ª e 2.ª categorías).
  • Decreto do 1 de decembro de 1966, (24.12.66) que limita a duascentas o número máximo de Grandes Cruces que poderán concederse aos españois (co fin de evitar a mingua do valor desta condecoración).
  • Decreto do 2 de marzo de 1945 (BOE 28.3.45), establece as normas estatutarias da Orde. (PDF. 738 KB)