Ir a Contido

Ministerio de Xustiza

Ministerio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de Justicia

Menú principal

Recoñecemento do Título Profesional de Avogado e Procurador que proveña da Unión Europea ou dos Estados do Espazo Económico Europeo

Que é

É un trámite por medio do cal os estranxeiros poden obter o recoñecemento dos títulos profesionais de Avogado e Procurador expedidos por países da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, permitindo así a colexiación no noso país e o exercicio profesional en igualdade de condicións.

Existen varias posibilidades, dende un punto de vista xurídico, para que un Avogado procedente doutro Estado membro da Unión Europea ou ben de Espazo Económico Europeo poda exercer a súa profesión en España, como expoñemos no cadro adxunto, se ben só explicaremos con detalle o procedemento de solicitude de recoñecemento de título, por ser este trámite competencia do Ministerio de Xustiza. Para o resto dos trámites pódese obter información en calquera dos Colexios de Avogados de España ou ben no Consello Xeral da Avogacía Española.

Distintas formas de exercicio da profesión de Avogado para un Avogado comunitario en España

Exercicio en réxime de libre prestación de servizos.

  • Norma Comunitaria. Directiva 77/249/CEE
  • Norma Española. RD 607/1986, de 21 de marzo (BOE de 1 de abril) e modificada por RD 1062/1988, de 16 de setembro.
  • Existe a posibilidade de obter un carné que acredita a condición de Avogado europeo, ao amparo do establecido na Directiva.
     

Exercicio unha vez recoñecido o título mediante o sistema xeral de recoñecemento de títulos de ensino superior.

  • Norma Comunitaria. Directiva 2005/36/CEE
  • Norma Española. Real decreto 1837/2008, de 8 de novembro (BOE do 20 de novembro) e Orde PRE/421/2013, do 15 de marzo, que o desenvolve (BOE do 18 de marzo)
  • Esta modalidade implica que o Avogado ha de aprobar un exame sobre materias de dereito español e deontoloxía profesional.

Exercicio mediante establecemento permanente.

  • Norma Comunitaria. Directiva 98/5/CE
  • Norma Española. RD 936/2001, de 3 de agosto (BOE de 04 de agosto)
  • Esta modalidade implica que o Avogado emigrante deberá permanecer durante 3 anos como "Avogado inscrito", xustificando unha actividade efectiva e regular para integrarse con plenitude de dereitos ao exercicio da profesión, dispensándoo da realización da proba de aptitude.
Modalidades de exercicio

EXERCICIO EN ESPAÑA CON TÍTULO PROFESIONAL DE ORIXE (COMO AVOGADO INSCRITO). Nesta modalidade, terá que actuar concertadamente cun Avogado español para intervir ante Xulgados e Tribunais, para asistir a detidos e presos, etc.

SOLICITANDO A PLENA INTEGRACIÓN NA AVOGACÍA ESPAÑOLA. Para iso hai que acreditar unha actividade efectiva e regular en España dunha duración mínima de tres anos ou ben, superar unha proba de aptitude, que se convoca anualmente polo Ministerio de Xustiza.

Quen pode solicitalo/presentaro

Poden solicitalo os cidadáns nacionais dos Estados membros da Unión Europea e doutros Estados partes no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo que carezan do correspondente título español pero que, non obstante, posúan o título esixido en calquera destes Estados para o acceso á profesión da Avogacía.

Dado que para o exercicio da profesión de Avogado e Procurador se esixe un coñecemento preciso do Dereito español pódese impoñer ao solicitante a realización previa dunha proba de aptitude para autorizar o exercicio da profesión.

Información adicional

A proba de aptitude

A Dirección Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza convoca, polo menos unha vez ao ano, o exame para realizar as probas de aptitude para Avogados. Esta convocatoria realízase mediante a inserción do oportuno anuncio no Boletín Oficial do Estado. A proba de aptitude versará sobre as materias relacionadas nos anexos III e IV da Orde PRE/421/ 2013, do 15 de marzo.

O exame que hai que realizar consiste en resolver un caso práctico, que versará sobre un tema elixido de entre as materias mencionadas, que posteriormente será lido ante a comisión de avaliación. Seguidamente, poderase abrir unha rolda de preguntas sobre o obxecto da proba, así como acerca da Organización Xudicial Española e a Deontoloxía Profesional. Finalmente, a comisión de avaliación cualificará se o solicitante resulta apto ou non apto para o exercicio profesional en España. En caso de que o solicitante obteña a cualificación de "apto", permitiráselle o exercicio da profesión previo cumprimento dos requisitos de colexiamento aos que se refire o artigo 5 da Orde PRE/421/2013, do 15 de marzo.

O interesado que obteña a cualificación de "non apto", terá a posibilidade de repetir a proba en convocatorias sucesivas.

Poden atoparse casos de exercicios precedentes na Sección Servizos.

Para máis información:

  • Ministerio de Xustiza
    • Oficina Central de Información (Centro de Atención ao Cidadán)
    • Teléfonos da Unidade responsable da tramitación: 91 390 24 54
  • Consello Xeral da Avogacía española
  • Consello Xeral de Colexios de Procuradores

Como solicitalo/presentaro

Desarrollo de las pruebas de aptitud

2016
Resolución 03/10/2016 por la que se convocan las pruebas aptitud abogados UE y EEE
Calificaciones
20 de diciembre de 2016

Se publican las calificaciones de los aspirantes que han resultado aptos en la prueba de Abogados Comunitarios 2016.

Documentos asociados:
Convocatoria de las lecturas de la prueba de evaluación
19 de diciembre de 2016
Lista definitiva de admitidos y excluidos
7 de diciembre de 2016

Resolución de 2 de diciembre de 2016, de la Dirección General de Relaciones con la Administración de Justicia, por la que se aprueba la lista definitiva de aspirantes admitidos y excluidos para participar en las pruebas de aptitud de acceso al ejercicio de la profesión de Abogado en España por parte de ciudadanos de la Unión Europea y otros Estados parte en el Acuerdo sobre el Espacio Económico Europeo y se determina la fecha de celebración de dichas pruebas.

 

2015
Resolución 01/09/2015 por la que se convocan las pruebas aptitud abogados UE y EEE
Como solicitalo/presentaro
Normativa