Ir a Contido

Ministerio de Xustiza

Ministerio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de Justicia

Menú principal

Rectificación rexistral do sexo

Que é

Trámite que posibilita o cambio da inscrición relativa ao sexo dunha persoa no Rexistro Civil, cando a citada inscrición non se corresponde coa súa verdadeira identidade de xénero. Contémplase o cambio de nome propio para que non resulte discordante co sexo reclamado.

Limitacións en canto ao nome 

O nome que actualmente se ostente, se pola súa ambigüidade fose válido para designar ambos sexos, pode manterse polo interesado, pero se claramente fose determinante do xénero, hai que cambialo para que concorde co novo sexo.

En todo caso, non son admisibles os nomes que:

  • Prexudiquen obxectivamente a persoa. Por tal razón exclúense os que resulten, por si ou en combinación cos apelidos, contrarios ao decoro, deshonrosos, humillantes, denigrantes, etc.
  • Fagan confusa a identificación (por exemplo un apelido convertido en nome).
  • Induzan no seu conxunto a erro sobre o sexo (por exemplo, Xoán a unha muller ou Xoana a un home).
  • Xa ostente un irmán vivo.
  • E por último, non están permitidos máis de dous nomes simples ou dun composto. Neste segundo caso, os dous nomes uniranse por medio dun guión.

Quen pode solicitalo/presentaro

O interesado maior de idade, que teña a nacionalidade española e capacidade suficiente.

Como solicitalo/presentaro

Como solicitalo/presentaro
Información relacionada