Ir a Contido

Ministerio de Xustiza

Ministerio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de Justicia

Menú principal

Presencial

Documentación necesaria

Solicitude

Preséntase mediante escrito do interesado dirixido ao Encargado do Rexistro Civil do seu domicilio facendo constar:

  • o seu nome, apelidos, número do documento nacional de identidade e domicilio;
  • unha exposición sucinta e numerada dos feitos;
  • o novo nome que propón en concordancia co sexo cuxa rectificación solicita, agás que desexe conservar o que viñese ostentando;
  • os fundamentos de dereito;
  • a petición, fixada con claridade e precisión, de que se rectifique a mención relativa ao seu sexo, así como, no seu caso, o nome que propón en concordancia co novo sexo inscrito.
  • Pode tamén incluírse na solicitude o traslado do folio rexistral.

Documentos que han de acompañar:

  • Certificado de Empadroamento.
  • Certificación literal da inscrición de nacemento.
  • Fotocopia do DNI.
  • Informe de médico ou psicólogo clínico que faga referencia, un, á existencia de disonancia entre sexo inscrito e a identidade de xénero sentida ou sexo psicosocial e á estabilidade e persistencia da disonancia e, dous, á ausencia de trastornos de personalidade que puidesen influír de maneira determinante na existencia da disonancia.
  • Informe do médico que dirixise o tratamento, polo que se acredite que o interesado foi tratado medicamente durante polo menos dous anos para acomodar as súas características físicas ao sexo reclamado. Este requisito non será necesario cando concorran razóns de saúde ou idade que imposibiliten o seguimento do tratamento, en cuxo caso achegará certificado médico de tal circunstancia.

Onde presentala

No Rexistro Civil do domicilio do solicitante
 

Outras formas de solicitalo
Información relacionada