Ir a Contido

Ministerio de Xustiza

Ministerio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de Justicia

Menú principal

Solicitude de nacionalidade española a voluntarios de Brigadas Internacionais

Que é

España recoñece o labor de defensa da liberdade e os principios democráticos que levaron a cabo os voluntarios integrantes das Brigadas Internacionais na Guerra Civil española.

Ese recoñecemento xa se manifestou en 1996, cando se lles concedeu, por Real Decreto do 19 de xaneiro, o dereito a adquirir a nacionalidade española por carta de natureza. Con todo, o acceso á nacionalidade por esta vía está suxeito ao requisito de ter que renunciar á anterior, polo que un bo número de brigadistas non fixo efectiva a adquisición da nacionalidade española.

A Lei 52/2007, coñecida como Lei de Memoria Histórica, no seu artigo 18, recoñece de novo e dun modo singularizado o labor dos brigadistas e amplía o seu dereito á nacionalidade española eliminando o requisito de ter que renunciar á súa anterior nacionalidade.

Quen pode solicitalo/presentaro

Solicitude

Para facer efectivo o dereito dos brigadistas á nacionalidade española, o novo Real Decreto, do 31 de outubro de 2008, que desenvolve a Lei de Memoria Histórica, establece dous procedementos con requisitos distintos en función de se fora presentada xa unha solicitude ou non.

  • Casos en que xa se presentou solicitude

    Aqueles integrantes das Brigadas Internacionais a quen lles foi concedida a nacionalidade española conforme ao Real Decreto do 19 de xaneiro de 1996 e que non a fixeron efectiva por non renunciar á súa nacionalidade anterior, poderán reproducir a súa petición sen necesidade de achegar ningunha documentación.

    Unicamente terán que presentar unha solicitude indicando os seus datos persoais.

  • Novos solicitantes

    Modelo de solicitude. Os brigadistas que solicitan por primeira vez a adquisición da nacionalidade española deberán formalizala segundo o MODELO oficial que pode descargarse aquí.

    Outros documentos: O interesado poderá achegar aqueles documentos que considere oportunos para acreditar a súa condición de membro das Brigadas Internacionais.

    Tamén se achegará o certificado literal de nacemento, legalizado e, se for o caso, traducido. Ademais, se está casado/a, certificado orixinal de matrimonio, legalizado e, se for o caso, traducido; e se o cónxuxe é español/a, certificado literal de nacemento deste.

Prazo

O exercicio do dereito a solicitar a nacionalidade española dos brigadistas non está suxeito a ningún prazo.

Como solicitalo/presentaro

Como solicitalo/presentaro