Ir a Contido

Ministerio de Xustiza

Ministerio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de Justicia

Menú principal

Solicitude de nota informativa sobre contrato de seguro de falecemento

Que é

É o documento que recibe calquera persoa, EN VIDA, interesada en saber se as pólizas de contratos de seguros de cobertura de falecemento, ao seu nome, están recollidas no Rexistro de Contratos de Seguros de cobertura de falecemento, ao exercer o dereito de acceso previsto na Lei Orgánica 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal.

Este dereito pode exercerse en calquera momento, previa acreditación da súa identidade e de xeito gratuíto.

No caso de que os datos que existen no Rexistro fosen inexactos, incorrectos ou inadecuados, facilitaráselle ao asegurado o enderezo da Compañía de Seguros correspondente, ante quen esixirá a súa rectificación, xa que é a responsable do tratamento dos datos.

Quen pode solicitalo/presentaro

Poderá solicitala calquera persoa interesada en obter información sobre se as pólizas, ao seu nome, de contratos de seguros de cobertura de falecemento constan no Rexistro de Contratos de Seguros de Cobertura de Falecemento.

Documentación e requisitos necesarios

  • Requírese acreditar a súa identidade, mediante a presentación do NIF, Pasaporte ou Tarxeta de Residencia.

Como solicitalo/presentaro

Como solicitalo/presentaro
Información relacionada