Ir a Contido

Ministerio de Xustiza

Ministerio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de Justicia

Menú principal

Solicitudes e escritos

Que é

Nos casos en que non existise un formulario habilitado para o efecto, os cidadáns poden dirixirse á Administración presentando solicitudes e escritos xenéricos, correspondentes aos procedementos e actuacións da competencia daquela.

Información adicional

Onde se poden presentar.

  • Nos rexistros dos órganos administrativos a que se dirixan.
  • Nos rexistros de calquera órgano administrativo que pertenza á Administración Xeral do Estado, á de calquera Administración das Comunidades Autónomas ou á dalgunha das entidades que integran a Administración Local se, neste último caso, se tivese subscrito o oportuno convenio.
  • Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.
  • Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
  • En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.
  • Nos rexistros electrónicos da Administración Xeral do Estado.

Resposta da Administración.

A Administración receptora da solicitude ou escrito presentado polo cidadán, así como dos documentos que o acompañen, emitirá un recibo que acredite a data de presentación.

Por outro lado, en canto ao fondo do asunto, a Administración está obrigada a ditar resolución expresa en todos os procedementos e a notificala, calquera que sexa a súa forma de iniciación.

Como solicitalo/presentaro

Como solicitalo/presentaro