Ir a Contido

Ministerio de Xustiza

Ministerio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de JusticiaMinisterio de Justicia

Menú principal

Presencial

Os cidadáns teñen dereito a presentar as solicitudes e escritos que dirixan aos órganos de calquera Administración pública, así como a documentación complementaria que acompañen a aqueles, en calquera dos seguintes lugares do ámbito da Administración Xeral do Estado:

  • Nos rexistros dos órganos administrativos a que se dirixan.
  • Nos rexistros de calquera órgano administrativo que pertenza á Administración Xeral do Estado, á de calquera Administración das Comunidades Autónomas ou á dalgunha das entidades que integran a Administración Local se, neste último caso, se tivese subscrito o oportuno convenio.
  • Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.
  • Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
  • En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.

No Ministerio de Xustiza pódense presentar na Oficina Central de Atención ao Cidadán e Rexistro do Ministerio e na totalidade das Xerencias Territoriais.

Outras formas de solicitalo