Accesibilidade

Declaración de accesibilidade:

​A Secretaría de Estado de Xustiza - Dirección Xeral de Transformación Dixital da Administración de Xustiza comprometeuse a facer accesible o seu sitio web, de conformidade co Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público, polo que se traspón a Directiva (UE) 2016/2102 do Parlamento Europeo e do Consello, do 26 de outubro de 2016​.

A presente declaración de accesibilidade aplícase ao sitio web, excluíndo os contidos incrustados provenientes doutros dominios.

Situación de cumprimento

Esta aplicación é parcialmente conforme co Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro co RD 1112/2018 debido á falta de conformidade
dos aspectos que se indican a continuación.

Contido non accesible

1.     Falta de conformidade co RD 1112/2018

  • Nalgunhas páxinas, existe contido con entradas de datos sen etiquetar correctamente [requisito 9.1.1.1 Contido non textual, 9.1.3.1

  • Información e relacións e 9.3.3.2 Etiquetas e instrucións de UNE-EN 301549:2022]

  • Nalgunhas páxinas a información, estrutura e relacións non están determinadas por software ou non teñen alternativa como texto [requisito número 9.1.3.1 de UNE-EN 301549:2022 de información e relacións].

  • Nalgunhas páxinas, ao aumentar do texto, este desbórdase [requisito número 9.1.4.4 Cambio de tamaño do texto, de UNE-EN 301549:2022].

  • Puntualmente algunha páxina podería non ter identificado o título da páxina [requisito número 9.2.4.2 da norma UNE-EN 301549:2022 Titulado de páxinas].​

  • O propósito das ligazóns, encabezados ou etiquetas do Portal pode non ser sempre o suficientemente descritivo ou consistente para todos os usuarios [requisitos número 9.2.4.4 de UNE-EN 301549:2022].

  • No Portal faltan etiquetas descritivas que axuden a identificar compoñentes [requisito 9.2.4.6 Encabezados e etiquetas de UNE-EN 301549:2022].

  • Existen formularios que non contan cun botón estándar de envío que facilite a capacidade de predición [requisitos número 9.3.2.2 Ao recibir entradas de UNE-EN 301549:2022]

2.     Carga desproporcionada

  • Non aplica.

3.     O contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable

  • Poden existir ficheiros de ofimática en pdf que non cumpran na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade. Aínda que se procurou que a maioría deles si o cumpran.

  • Pode haber contidos de terceiros que non estean desenvolvidos polo Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes - Secretaría de Estado de Xustiza ou que non estean baixo o seu control, como, por exemplo, ficheiros ofimáticos.

Compatibilidade con produtos de apoio

  • Pode ser que a aplicación non transmita correctamente aos produtos de apoio algunhas das características da aplicación, como, por exemplo, etiquetas para controis, encabezados, entre outras.

Preparación da presente declaración de accesibilidade

  • A presente declaración foi preparada o 29/05/2024.

  • O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación levada a cabo polo propio organismo​.

Última revisión da declaración: 15/04/2024..​

Observacións e datos de contacto:

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a do RD 1112/2018) como, por exemplo:

●        Informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web.

●        Transmitir outras dificultades de acceso ao contido.

●        Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora sobre a accesibilidade do sitio web.

Para estas comunicacións ten dispoñible estas canles de comunicación:

●        Formulario de contacto​.

●        Teléfono: 902 007 214/91 837 22 95.

Acorde ao artigo 10.2.b do RD 1112/2018, tamén pode presentar:

●        Unha queixa relativa ao cumprimento dos requisitos do RD 1112/2018.​

●        Unha solicitude de información accesible relativa a:

●        Contidos que están excluídos do ámbito de aplicación do RD 1112/2018, de conformidade co establecido polo artigo 3, apartado 4.

●        Contidos que están exentos do cumprimento dos requisitos de accesibilidade por impor unha carga desproporcionada.

Na Solicitude de información accesible deben especificarse claramente os feitos, motivos e petición que permiten comprobar que se trata dunha solicitude razoable e lexítima.

Poderá facelo a través da Instancia Xenérica da Sede Electrónica do Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes - Secretaría de Estado de Xustiza ou utilizando o resto das Opcións recollidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas

As comunicacións, queixas e solicitudes de información accesible serán recibidas e tratadas pola Subdirección Xeral de Información Administrativa e Inspección Xeral de Servizos.    

Procedemento de reclamación:

Se unha vez realizada unha solicitude de información accesible ou queixa, esta fose desestimada, non se estivese de acordo coa decisión adoptada, ou a resposta non cumprise os requisitos contemplados no artigo 12.5, a persoa interesada poderá iniciar unha reclamación, igualmente poderase iniciar unha reclamación no caso de que transcorrese o prazo de vinte días hábiles sen obter resposta.

A reclamación pode ser presentada a través da Instancia Xenérica da Sede electrónica do Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes - Secretaría de Estado de Xustiza, así como no resto de opcións recollidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

As reclamacións serán recibidas e tratadas pola unidade responsable de accesibilidade.

Contido opcional:

Está a desenvolverse un plan de mellora para abordar os problemas de NON Cumprimento detectados e manter no futuro un cumprimento total dos criterios de accesibilidade establecidos.

Cambio de cor e tamaño de letra::

Esta web está deseñada para permitir cambiar o tamaño, a cor do texto e o fondo da páxina, todo iso mediante as opcións de configuración estándar dos navegadores.

Para cambiar o tamaño de letra do texto nos principais navegadores, utilice os seguintes menús:

●    Micr​osoft Edge:

●  ​ Selecciona Configuración e máis (representado como tres puntos na esquina superior dereita) > Configuración > Aparencia.

●  ​ En Fontes, elixe un tamaño de fonte.

​●  ​ Selecciona Configuración e máis > Zoom.​

●    Internet Explorer:

●    ​Menú Ver > Tamaño do texto.

●    ​Menú Ver > Zoom.


​​​●    ​Mozilla e Firefox:

●    ​Menú Ver > Tamaño.

●    ​Menú da aplicación (representado como tres liñas horizontais na esquina superior dereita) > Tamaño.

●    Chrome:

●    Personaliza e controla Google Chrome (representado como tres puntos na esquina superior dereita) > Zoom.

●    ​Personaliza e controla Google Chrome > Axustes > Idioma e aparencia.

●    Opera:

​●    Axustes > Zoom.

●    Axustes > Tamaño de fonte.

●    Safari:

●    Axustes > Zoom de páxina.

●    Visualización > Ampliar.

●    Visualización > Aumentar tamaño do texto

●    ​Sistemas Android:

●    ​Aplicación de axustes (representada coa forma dunha engrenaxe ou chave inglesa). Selecciona da lista de axustes dispoñibles a 

●    sección Accesibilidade e a continuación preme en Tamaño de fonte.

●    Sistemas iOS:

●​    Axustes > Accesibilidade. Selecciona Pantalla e Tamaño do texto.​​

Atención en tempo real do Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes - Secretaría de Estado de Xustiza ás Persoas con Discapacidade:​

Para este tipo de atención deberá descargarse a Aplicación TexMee. Unha vez descargada, poderá comunicarse mediante texto e en tempo real co Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes - Secretaría de Estado de Xustiza​.