Tesouros Ministerio de Xustiza

Unha das acepcións que o dicionario da Real Academia Española atribúe á palabra "tesoro" é a de "persona o cosa, o conjunto o suma de cosas, de mucho precio o muy dignas de estimación". O Ministerio de Xustiza, cuxas orixes se remontan ao século XVIII, atesoura, nunca mellor dito, unha serie de elementos que ben poden ser considerados como tales pola súa singularidade, a súa historia, a súa beleza ou mesmo pola curiosidade que supoñen. Aquí móstranse algúns destes tesouros para que poidan ser coñecidos por todas e todos.​​