Aviso Legal

Condicións xerais de uso do Portal www.mjusticia.gob.es:

O Ministerio de Xustiza informa de que o acceso e o uso da páxina web www.mjusticia.gob.es e todos os subdominios e directorios incluídos baixo a mesma (en adiante, conxuntamente denominados como o Portal), así coma os servizos ou contidos que se poidan obter a través del, están suxeitos aos termos que se detallan neste Aviso Legal, sen prexuízo de que o acceso a algún dos servizos ou contidos puidese precisar da aceptación dunhas Condicións Xerais adicionais.

Por iso, se as consideracións detalladas neste Aviso Legal non son da súa conformidade, pregámoslle non faga uso do Portal, dado que calquera uso que faga do mesmo ou dos servizos e contidos incluídos no mesmo implicará a aceptación dos termos legais recollidos neste texto.

O Ministerio de Xustiza resérvase o dereito a realizar cambios no Portal sen previo aviso, co obxecto de actualizar, corrixir, modificar, engadir ou eliminar os contidos do Portal ou do seu deseño. Os contidos e servizos ofrecidos polo Portal actualízanse periodicamente. Debido a que a actualización da información non é inmediata, suxerímoslle que comprobe sempre a vixencia e exactitude da información, servizos e contidos recollidos no Portal.

As condicións e termos que se recollen no presente Aviso poden variar, polo que o convidamos a que revise estes termos cando visite o Portal de novo. O Ministerio de Xustiza non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidera ocasionar o uso das ferramentas e informacións contidas en www.mjusticia.gob.es en relación coa adopción de decisións sobre o inicio, desenvolvemento ou resultado de procedementos administrativos. Tales decisións deben ser contrastadas nos centros, organismos ou dependencias competentes. En calquera caso, a información e contidos desta Web non poderá ser alegada en procesos contraditorios coa Administración Pública, non asumindo responsabilidade algunha polas discrepancias que puidesen existir entre os documentos impresos da Administración competente e a publicación electrónica nestas páxinas.

Dereitos de propiedade intelectual e de propiedade industrial

Tanto o deseño do Portal e os seus códigos fonte, coma os logos, marcas e demais signos distintivos que aparecen no mesmo, pertencen ao Ministerio de Xustiza ou entidades colaboradoras e están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial. Do mesmo xeito están protexidas as imaxes polos correspondentes dereitos contidos no servidor do Ministerio de Xustiza.

O seu uso, reprodución, distribución, comunicación pública, transformación ou calquera outra actividade similar ou análoga queda totalmente prohibida salvo que medie expresa autorización do Ministerio de Xustiza. A licenza de uso de calquera contido deste Portal outorgada ao usuario limítase á descarga por parte do usuario do devandito contido e ao uso privado do mesmo, sempre que os citados contidos permanezan íntegros.

Consulte a información reutilizable posta a disposición polo Ministerio de Xustiza e as condicións de reutilización na sección de datos abertos da súa sede electrónica.

O Ministerio de Xustiza declara o seu respecto aos dereitos de propiedade intelectual e industrial de terceiros; por iso, se considera que este sitio puidese estar violando os seus dereitos, pregámoslle se poña en contacto co Ministerio de Xustiza a través da Oficina Central de Atención ao Cidadán e Rexistro do Ministerio.

Ligazóns ou hiperligazóns

O Ministerio de Xustiza liga outras páxinas web que consideramos poden ser do seu interese. Así e todo, as devanditas páxinas non lle pertencen, nin fai unha revisión dos seus contidos e, polo tanto, non se pode facer responsable dos mesmos, do funcionamento da páxina ligada ou dos posibles danos que se poidan derivar do acceso ou uso da mesma.

Os usuarios que se propoñan establecer unha hiperligazón ao sitio web do Ministerio de Xustiza deberán ter en conta o seguinte:ñ

  • O establecemento da hiperligazón non implica en ningún caso a existencia de relacións entre o Ministerio de Xustiza e o propietario da páxina web ou do correo electrónico no que se estableza, nin a aceptación e aprobación por parte do Ministerio de Xustiza dos seus contidos ou servizos. Polo tanto, non se declarará nin se dará a entender que o Ministerio de Xustiza autorizou expresamente a hiperligazón nin que supervisou ou asumiu de calquera maneira os servizos ofrecidos ou postos a disposición na páxina web dende a que se establece a hiperligazón.

  • O Ministerio de Xustiza non se responsabiliza de ningunha maneira nin garante a calidade, exactitude, fiabilidade, corrección ou moralidade de contidos ou servizos que o establecemento da ligazón poida ofrecer. O usuario asume baixo a súa exclusiva responsabilidade as consecuencias, danos ou accións que se puidesen derivar do acceso á páxina web da hiperligazón.

  • A páxina web ou comunicación electrónica na que se estableza a hiperligazón non poderá conter ningunha marca, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos pertencentes ao Ministerio de Xustiza, agás aqueles signos que formen parte da mesma hiperligazón.​

  • A páxina web na que se estableza a hiperligazón non conterá informacións con contidos ilícitos, contrarios á moral e aos bos costumes xeralmente aceptados e á orde pública, e tampouco conterá contidos contrarios a calquera dos dereitos de terceiros.

En calquera momento, o Ministerio de Xustiza poderá requirir a supresión da ligazón ao seu dominio, sen necesidade de alegar causa ningunha. En tal caso, a páxina que realizara a ligazón deberá proceder á súa inmediata supresión, tan axiña como reciba a notificación deste extremo por parte do Ministerio de Xustiza.

Versión multil​ingüe

O presente sitio web do Ministerio de Xustiza está traducido a varias linguas españolas oficiais non seus respectivos territorios, de conformidade co establecido no artigo 3 da Constitución Española de 1978 e os seus Estatutos de Autonomía. As linguas son catalán, éuscaro, galego e valenciano. Tamén está traducido ao inglés.

O contido do portal está traducido a diferentes niveis de profundidade. Exclúese da tradución a canle/apartados (Novas) da páxina de inicio do portal, dada a inmediatez dos cambios mostrados no mesmo, así coma as normas xurídicas.

Advírtese que, con carácter xeral, pode existir un desfase entre a versión en castelán e nas outras linguas, derivado do proceso de tradución ás mesmas.

Fram​es

O Ministerio de Xustiza prohibe expresamente a realización de “framings” ou a utilización por parte de terceiros de calquera outros mecanismos que alteren o deseño, configuración orixinal ou contidos do seu Portal.

Lei aplicable e xurisdición

A lei aplicable en caso de disputa ou conflito de interpretación dos termos que conforman este Aviso Legal, así coma calquera cuestión relacionada cos servizos do presente Portal, será a lei española.

Para a resolución de calquera conflito que poida xurdir con ocasión da visita ao Portal ou do uso dos servizos que nel se poidan ofertar, o Ministerio de Xustiza e o Usuario acordan someterse aos Xuíces e Tribunais do domicilio do Usuario, sempre que o mesmo estea situado en territorio español.​