Guia de navegación

Mjusticia.es é o portal do Ministerio de Xustiza. Deseñouse cunha estrutura de contidos e un sistema de navegación baseados en garantir a facilidade de uso, comprensión e accesibilidade para todos os usuarios.

Ao longo de todo o portal atopámonos con dúas partes comúns: a cabeceira e o pé de páxina. Vexamos a continuación que contén cada unha delas:

Cabeceira

​ 

Logo

Na parte superior vemos o logo do Ministerio de Xustiza. Pulsando nel, con independencia da parte en que nos atopemos, accederemos á páxina inicial do Ministerio de Xustiza​.

 

Idiomas

O portal inclúe versións nas linguas cooficiais (acceso a versións limitadas en catalán, éuscaro e galego) e en inglés. Se o contido non está dispoñible no idioma elixido, mostrarase en castelán.

EO menú que permite a selección de idiomas está na cabeceira, na marxe superior dereita da páxina de inicio e da de resultados​.

 

Nela vemos como destacado o idioma en que se está visualizando a páxina.

Buscador

O portal do Ministerio dispón dun buscador onde facer procuras dun texto en todo o portal.

 

Menú principal

Na parte superior temos sempre dispoñible un menú coas principais áreas en que se divide o portal​:​ 


Cando estamos a visualizar un contido dalgunha delas, o menú correspondente ilumínase e aparece coloreado para distinguilo​.

Aquí atopámonos coas seguintes seccións:

  • O Ministerio: información sobre a composición do Ministerio de Xustiza e acceso ás funcións e estrutura interna.
  • Administración de Xustiza: información de interese relacionada coa Administración de Xustiza, a organización xudicial, o Ministerio Fiscal e o Consello Xeral do Poder Xudicial.
  • Actividade lexislativa: información da normativa, a Comisión Xeral de Codificación e a Rede de Cooperación Lexislativa da UE.
  • Áreas temáticas: diferentes áreas de interese relacionadas coa nacionalidade, o estado civil, os rexistros e a área internacional.
  • Profesionais: permite acceder a información sobre os profesionais relacionados coa Administración de Xustiza en www.administraciondejusticia.gob.es.

Pé de páxina

Na parte inferior atopámonos con varias ligazóns que nos permiten acceder a información adicional sobre o portal do Ministerio de Xustiza:


  • Aviso legal: Destinatario e condicións de utilización do portal.
  • Mapa web: esquema navegable dos contidos da web.
  • Guía de navegación: información acerca da navegación do portal mjusticia.es.
  • Canles: diferentes opcións de seguir a actualidade do Ministerio de Xustiza.
  • Ligazóns de interese: listaxe de ligazóns de interese agrupadas por temas.
  • Accesibilidade: descrición detallada do compromiso de accesibilidade adquirido.
  • Atención ao cidadán: punto de contacto directo co portal.

Como saber onde nos atopamos

Fóra da páxina inicial, na parte de arriba do título da páxina, móstrase un encabezamento que identifica onde nos atopamos, e o percorrido feito ata a páxina que se está visualizando. As dúas primeiras partes do encabezamento son ligazóns que nos permiten navegar.


​ 

Accesibilidade ​

No seu compromiso de orientación e servizo a todos os cidadáns, foi deseñado seguindo as pautas para facelo accesible a usuarios discapacitados. Coñeza máis sobre a accesibilidade do portal. Se atopa algún problema relacionado coa navegación ou visualización, indíquenolo a través do formulario de contacto deste portal.