Política de privacidade

​​Quen trata os seus datos persoais?

As actividades de tratamento de datos persoais corresponden a diferentes Responsables de Tratamento, en función do trámite ou solicitude que se realice. No Rexistro de Actividades de Tratamento (RAT) identifícanse os responsables de todos os tratamentos rexistrados no Ministerio, cuxo inventario está publicado en  https://www.mjusticia.gob.es/es/AreaTematica/Pro​teccionDatos.

Cal é a finalidade do tratamento?

​As distintas finalidades e as súas lexitimacións pódense consultar no acceso a cada un dos servizos e/ou procedementos que ofrece o Ministerioe e, en xeral, no inventario publicado.

​​​Poderá atopar a información detallada ou unha ligazón para o acceso a ela sobre cada tratamento no acceso ao trámite ou nos formularios correspondentes.

Non se crearán perfís nin se tomarán decisións automatizadas en función destes datos persoais.

Que datos persoais se tratan?

Os datos persoais que se solicitan serán distintos en función do trámite que realice.

Cal é a base xurídica que lexitima o tratamento dos datos?

A base xurídica que lexitima o tratamento dos datos será diferente en función do trámite ou solicitude que realice o cidadán.

No acceso ao trámite e/ou nos formularios indicarase a base xurídica específica para o tratamento en cuestión.

Con carácter xeral, os tratamentos están lexitimados en:

  • o etratamento é necesario para o cumprimento dunha obrigación legal (art. 6.1.c RXPD)

  • ​o tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos (art. 6.1.e RXPD)

De maneira excepcional, algúns tratamentos poden estar baseados no consentimento do interesado.

Por canto tempo conservaremos os datos?

Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos. Aplicarase o disposto na normativa de arquivos e documentación.

A que destinatarios se comunicarán os datos?

Cando a tramitación do seu procedemento e/ou solicitude inclúa obrigacións legais derivadas da lexitimación do tratamento que requiran a cesión ou transferencia a terceiros, indicaranse as terceiras partes destinatarias deses datos e as finalidades das súas actividades de tratamento no inventario publicado.Non está prevista ningunha transferencia internacional dos seus datos persoais.

Cales son os dereitos con relación aos seus datos persoais?

Con carácter xeral, para o exercicio dos dereitos debe remitir un correo electrónico a dgtdaj.protecciondedatos@mju.es incluíndo unha copia do seu documento de identidade ou documento equivalente, para a súa correcta identificación. 

Na seguinte táboa atopará que dereitos pode exercer e en que consisten.

Dereito de acceso

Este dereito permite que sexa informado/a do seguinte:

  • Os fins do tratamento, categorías de datos persoais que se traten e das posibles comunicacións de datos e os seus destinatarios.

  • De ser posible, o prazo de conservación dos seus datos. De non selo, os criterios para determinar este prazo.

  • Do dereito a solicitar a rectificación ou supresión dos datos, a limitación ao tratamento, ou oporse a este.

  • Do dereito a presentar unha reclamación ante a Autoridade de Control.

  • Se se produce unha transferencia internacional de datos, recibir información das garantías adecuadas.

  • Da existencia de decisións automatizadas (incluíndo perfís), a lóxica aplicada e consecuencias deste tratamento.

​Dereito de rectificación

​​​​​​​​​​O dereito de rectificación permítelle non só rectificar os datos inexactos, senón tamén que se completen os datos persoais incompletos, inclusive mediante unha declaración adicional.​

​Dereito de oposición

Este dereito permite oporse a que o responsable realice un tratamento dos datos persoais nos seguintes supostos: 

  • Cando sexan obxecto de tratamento baseado nunha misión de interese público ou no interese lexítimo, incluída a elaboración de perfís:
    O responsable deixará de tratar os datos salvo que acredite motivos imperiosos que prevalezan sobre os intereses, dereitos e liberdades do interesado, ou para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións 

  • ​Cando o tratamento teña como finalidade o márketing directo:
    Exercitado este dereito para esta finalidade, os datos persoais deixarán de ser tratados para os devanditos fins. 

​Dereito de supresión

Con este dereito poderá solicitar a supresión dos datos persoais sen dilación debida cando concorra algún dos supostos contemplados:

  • Se os seus datos persoais xa non son necesarios en relación cos fins para os que foron recollidos ou tratados doutro xeito.

  • Se os seus datos persoais deben suprimirse para o cumprimento dunha obrigación legal establecida no Dereito da Unión ou dos Estados membros que se aplique ao Ministerio de Xustiza.

No entanto, este dereito non é ilimitado, de tal forma que pode ser factible non suprimir cando o tratamento sexa necesario para o cumprimento dunha obrigación legal, para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao Ministerio de Xustiza, por razóns de interese público, con fins de arquivo de interese público ou fins estatísticos, ou para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.

Dereito á limitación do tratamento

​Este dereito consiste en que obteña a limitación do tratamento dos seus datos que realiza o Ministerio de Xustiza, cando impugne a exactitude dos seus datos persoais, durante un prazo que permita ao Ministerio de Xustiza a súa verificación.

Ao mesmo tempo, este dereito permite solicitar ao Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes (Secretaría de Estado de Xustiza) que conserve os seus datos, aínda cando xa non os necesite para os fins do tratamento, pero vostede si os necesite para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.

Dereito á portabilidade​

Informámoslo/a de que este dereito non procede cando o tratamento é necesario para cumprir cunha obrigación legal.​

Dereito a reclamar ante a Autoridade de Control​​

​Pode presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos:
https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/vistas/formNuevaReclamacion/nuevaReclamacion.jsf?QID=Q500&ce=0​​

Informarase naqueles trámites que teñan unha regulación especial dos dereitos relacionados coa protección de datos de carácter persoal​.​