No mesmo acto entregáronse 38 condecoracións da Orde de San Raimundo de Peñafort a membros do corpo e do persoal da Avogacía Xeral do Estado
O ministro da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, Félix Bolaños, presidiu hoxe o acto de xura ou promesa do cargo e de entrega de insignias á promoción 2025 de avogados e avogadas do Estado. Está integrada por 16 homes e 9 mulleres que se incorporan desde hoxe á Avogacía Xeral do Estado, responsable da asistencia xurídica á Administración e aos seus organismos autónomos.
Na cerimonia tamén se entregaron 38 condecoracións da Orde de San Raimundo de Peñafort a 23 avogados e 15 funcionarios da Avogacía Xeral do Estado en recoñecemento á súa traxectoria profesional.
Na súa intervención, o ministro agradeceulles aos condecorados o seu labor como servidores públicos. Alén diso, felicitou os novos avogados e avogadas do Estado e lembroulles que o seu labor fundamental será protexeren e defenderen o público. Tamén destacou que dous dos integrantes da nova promoción, un 10 %, son beneficiarios de bolsas Seré, creadas polo Ministerio para garantir a igualdade de oportunidades no acceso aos altos corpos de funcionarios da Administración da Xustiza.
O acto, celebrado no Paraninfo da Universidade Complutense de Madrid, contou coa participación, entre outros, do avogado xeral do Estado, David Vilas, a directora xeral do Consultivo, Elena Rodríguez, e o director xeral do Contencioso, Jesús Moreno.