O Consello de Ministros aprobou este martes un acordo polo que se rexeita o requirimento presentado polo Senado o pasado 18 de febreiro. A Cámara formulou un conflito de atribucións en relación coa non comparecencia do presidente do Goberno na Cámara Alta despois dos accidentes ferroviarios de Adamuz e Gélida, a pesar de que si que se producira unha comparecencia do ministro de Transportes e Mobilidade Sostible con ese obxecto.
O Pleno do Senado argumentou que, ao non comparecer o presidente do Goberno nesa Cámara, se estaba a vulnerar a súa función de control da acción do Executivo recoñecida na Constitución.
Con todo, na resposta do Consello de Ministros explícase que o Senado si que controlou a acción do Goberno en tanto que o ministro de Transportes e Mobilidade Sostible compareceu ante o Pleno da Cámara durante case seis horas para render contas dos tráxicos accidentes ferroviarios.