O ministro da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, Félix Bolaños, reuniuse hoxe co ministro de Xustiza de Marrocos, Abdellatif Ouahbi, no Palacio de Parcent. Este encontro bilateral enmárcase no contexto da Reunión de Alto Nivel entre España e Marrocos que terá lugar este xoves.
Bolaños e o seu homólogo marroquí abordaron o Memorando de Entendemento que se asinará mañá para pór en común as posibilidades tecnolóxicas, xurídicas e organizativas de ambos os países para remitir e recibir solicitudes de asistencia xudicial mutua por vía telemática.
Tamén se asinará unha Declaración de entendemento para reforzar a cooperación entre a Axencia Estatal do Boletín Oficial del Estado e a Imprenta Oficial de Marrocos, co obxectivo de intercambiar información e experiencias para mellorar a produción e difusión dixital de textos legais.
Ademais de Abdellatif Ouahbi, por parte do Goberno marroquí participou o director de Asuntos Penais, Indultos e Detección de Delitos, Hicham Mellati e a maxistrada de enlace de Marrocos ante as autoridades xudiciais españolas, Nadia El Yousfi.