Volver

Bolaños reúnese con Ana de la Cueva, presidenta de Patrimonio Nacional

13/02/2026

O ministro da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, Félix Bolaños, mantivo este venres unha reunión de traballo coa presidenta de Patrimonio Nacional, Ana de la Cueva, para abordaren distintos asuntos relacionados coa xestión, actividade e proxectos do organismo.


Durante o encontro, dedicaron unha especial atención á Galería de Coleccións Reais, cuxa programación para 2026 se presentou no día de onte, e en que destacan dúas grandes exposicións: «Tejiendo la vida cortesana» e «Insólitas maravillas».


Bolaños e de la Cueva felicitaron o equipo polo aumento de visitantes á Galería de Coleccións Reais en 2025 en máis dun 14 % con respecto ao ano anterior, co obxectivo de consolidar a proxección nacional do museo e o seu papel como referente cultural en Madrid.