
O obxectivo desta gran transformación é racionalizar o modelo organizativo, substituíndo a estrutura actual, asentada sobre o modelo de xulgado unipersoal, en que se duplican as competencias e se dispersan os recursos materiais e humanos, por outro sistema máis áxil e eficiente que poida responder mellor ás demandas da sociedade.
Desta forma, o novo modelo baséase nos Tribunais de Instancia, cada un deles cunha única organización administrativa de soporte, a Oficina Xudicial, que permitirá optimizar a distribución de recursos, mellorar a cohesión organizativa e ofrecer unha xustiza máis eficiente e accesible.